A Liga
desembarca en Bilbo ante o delirio vasco
Entre venres e sábado chegarán a Bilbo os chalupeiros da Selección Galega para a exhibición do día 27 diante do Guggenheim ás 12.30 horas (hora local). O primeiro en aterrar en Euskadi será Xanma, o galaicoarxentino adiantou a súa viaxe por motivos publicitarios da Liga, e é que o chalupeiro visitará diversos centros para achegarse aos fans vascos. O resto da expedición partirá cara a terra de Borja Pérez (quen hoxe declarou ao Diario Gara sentirse entusiasmado pola visita da LNT8 a súa cidade), o sábado a primeiras horas da mañá.
As forzas de seguridade locais admiten sentirse con medo, e non é para menos xa que se agardan milleiros de persoas debido a gratuidade da entrada para asistir ao evento.
Con este open, abrirase a tempada de verán de Taçirma do 8. A xira non está pechada, pero as estrelas deste deporte estarán nas cidades galegas máis importantes durante os vindeiros meses.
pues yo he estado alli y no he visto nada de tacirma
ResponderEliminar