.

"Non podes saber o que é poesía, se nunca sentiches un chavo fluíndo por enriba da túa testa. Xa sabes... bótalle unha mandulá oh!"

23 may 2010

As superestrelas da T8

Non cabe dúbida, a Selección Galega é o mellor conxunto do mundo e por tanto, os galegos, os mellores chalupeiros do planeta.

Agora faremos un repaso aos cracks do país:

Alessandro Pita, PITA

-Altura: 1,79 m -Peso: 73 Kg -Tipo de chalupa habitual: Intermedia
O de Narón comezou coa práctica da T8 mentres cursaba segundo de bacharelato nun instituto onde se despreciaba aos alumnos que non pertencían á cidade de Compostela. Isto terá moita repercusión no seu xogo, xa que toda a rabia acumulada durante horas de clase, queda plasmada na chalupa e no chavo nos encontros.

Chückynho Raña, CHÜCKY

-Altura: 1,69 m -Peso: 66 Kg -Tipo de chalupa habitual: Intermedia
Socio-fundador da Liga Nacional de Taçirma do 8, sempre está a darlle voltas a este estupendo deporte. Un estudoso da complexa táctica da T8, mostra gran electricidade durante os xogos. Nunca da un chavo por perdido e iso permítelle recuperar polyesteres que xa fican fóra.

Xoan Manuel Sánchez, XANMA

-Altura: 1,68 m -Peso: 61 Kg - Tipo de chalupa habitual: Axustada
Entra na élite da T8 despois dun duro traballo para mellorar a súa capacidade paladora. O seu nefasto xogo de frigopié e a súa pouca velocidade, é contrarrestada por desprazamentos moi intelixentes e por golpes de chalupa moi altos, permitíndolle aos seus compañeiros unha reorganización rápida sobre a plaqueta.

Perico Kdongo, PERI

-Altura: 1,77 m -Peso: 63 Kg -Tipo de chalupa habitual: Amplia
Escollido en 2010 como MCA (Mellor Chalupeiro Afrogalaico), mostra sempre grande regularidade durante toda a tempada, e por isto, non soe ser nin o "Tractor de 20 Rulos" nin o "Español" dos encontros. Actualmente compaxina a súa labor de xogador profesional, con traballos de promoción da LNT8.

Rubén Veiga, BEJIA

-Altura: 1,79 m -Peso: 76 Kg -Tipo de chalupa habitual: Axustada
Ao contrario que os outros catro chalupeiros anteriores, non comezou a xogar á T8 dende a creación da mesma. A pesar disto, está totalmente adaptado dentro da Selección Galega despois dun proceso de ensinanza da filosofía do divino deporte. Abandonou deportes de segunda (coma o fútbol), para centrarse na T8 (mostra de fidelidade que agradeceu todo o mundiño do chavo).

5 comentarios:

  1. peri mariqita o día q se fundou o xogo eu formei parte da primera partida da historia da taçirma do 8, taltache este dato xD

    ResponderEliminar
  2. carrapito teso23 may 2010, 20:19:00

    unha cousa nada mais e non me fagas moito caso, creo que chucky non lle leva un cm a xanma jaja. e que e a capacidade paladora?
    a mamala

    ResponderEliminar
  3. CR7 da taçirma30 may 2010, 22:49:00

    porque xanma é de chalupa axustada? porque sempre lle queda na camisola xD

    ResponderEliminar
  4. pa cando novas promesas

    ResponderEliminar
  5. xanma foraaaaaaaaa creade xa a fit8 federacion internacional da tacirma do 8

    ResponderEliminar