A Gripe A renace en Pita
Seguramente ninguén se lembra da famosa Gripe A, cando todos pensabamos que esta "letal" enfermididade estaba totalmente extinguida... ZASCA! o noso mellor arrancador (realizador de arrancadeiras ou saques) contrae dita gripe. As alertas saltaron dentro da Liga Nacional de Taçirma do 8, cando os directivos puxeronse en contacto co chalupeiro de Narón, esta mesma tarde por vía telefónica "estou enfermo ooooooooh" e engadíu "eu penso que é unha gripe normal, pero no blog podedes poñer que é Gripe A, xa que vende moito máis". Nestos intres, Pita é seria dúbida para a exhibición de Taçirma que a Selección Galega realiza na Praza do Concello de Sigüeiro cada venres. A LNT8 non manexa unha posible ausencia de Alessandro en Bilbo.
En realidade, pola foto calquera diría que o que ten son ataques epilépticos
ResponderEliminareu penso que estaba cantando (cousa que fai moi ben)
ResponderEliminarnon! esta facendo a coreografía de thriller!
ResponderEliminarO 1º parte medico que nos chega sobre a situacion do xogador de Narón dinos que o peor xa pasou e que a sua participación no open do venres non peligra.
ResponderEliminarO xogador dixo isto ao sair do hospital:" O venres estarei cos meus compañeiros, non sei se ao 100% pero si para xogar o que faga falta".