O pasado 22 maio, a historia deste marabilloso deporte trocou. A nosa selección, participaba nunha das múltiples exhibicións que celebra diante da Casa do Concello de Sigüeiro, cando de forma inesperada os nosos chalupeiros pulverizaban o record de polyesters. A nova marca é de 29. Este momento pasará á historia da Taçirma do 8, do deporte mundial e quizais do planeta. Disfruten do vídeo, porque é POESÍA.
Debido á negociación dos dereitos televisivos, este vídeo non puido ser difundido ata agora; máis dun mes despois de ser filmado. A empresa Peri TV Company decidíu rachar co contrato en vigor e poder ensinar aos fans da T8 a mellor xogada de tódolos tempos. Antena 3, pretendía espremer ata o derradeiro céntimo de euro coa divulgación da Liga, pero a xa nombrada canle con sede na Barziela, logrou evitalo.
-Onde ver o que aconteza en Bilbo?
A tan só dous días do evento internacional do ano, a retrasmisión do mesmo está no aire. Nas últimas horas representantes da Liga Nacional de Taçirma do 8, da televisión pública galega (TVG) e vasca (ETB), así coma de Antena 3, véñense reunindo para solucionar os problemas. A única canle autorizada fica na internet, Peri TV Company retransmitirá en diferido o que aconteza ás portas do Guggenheim. O directo non se descarta que se ceda ao pago por visión (PPV), algo totalmente en contra aos valores da LNT8.
No hay comentarios:
Publicar un comentario