Bejia non estará en Bilbo
Os problemas que arrastra no seu xeonllo esquerdo non lle permitirán viaxar ata Euskadi na exhibición de Taçirma do 8, que a LNT8 dará o día 27 de xullo diante do Guggenheim. O seleccionador acordou con Rubén Bejia e a familia do chalupeiro, que o mellor para as dúas partes era que descansara e non se perdera toda a tempada de verán. O propio xogador declarou para este medio "é un pau moi grande... estou moi triste, pero aínda son moi novo e espero ter outros abertos internacionais" ao que engadíu "xa estou traballando para recuperarme o antes posible, non vou deixar de xogar estos días, porque así llo dixen ao míster". Aínda non coñece a data da recuperación completa: "non sei cando estarei ao 100%... na semana que o equipo viaxe a Bilbo, eu traballarei a topísimo en solitario". A LNT8 agarda preocupada a recuperación dunha das súas superestrelas.
os chalupeiros da selección galega deberían de amosar mensaxes en apoio de Bejia nas chalupas durante o open do guggenheim
ResponderEliminarestou dacordo veiga botaremoste de menos, entrena a topisimo para o proximo open
ResponderEliminarBEJIA SEMPRE PRESENTE!!
ResponderEliminar