.

"Non podes saber o que é poesía, se nunca sentiches un chavo fluíndo por enriba da túa testa. Xa sabes... bótalle unha mandulá oh!"

16 jul 2010

Chalupa problemática

Un estudo afima que as chalupas oficiais non facilitan ao desenvolvento do xogo

As chalupas vermellas empregadas pola Selección Galega en mandulás oficiais, poderían ter as horas contadas. Un estudo encabezado por científicos da NASA, revela que as "camisolas" non facilitan o fluír do chavo, xa que a súa cor escura despista aos chalupeiros á hora de palear.

Fai meses, a Liga recibíu queixas dos productores de televisión; porque dita cor da chalupa impedía aos espectadores seguir a partida con facilidade.

Aínda non existe ningunha decisión oficial ao respecto, pero esto podería derivar na retirada do produto.

25 jun 2010

29!



O pasado 22 maio, a historia deste marabilloso deporte trocou. A nosa selección, participaba nunha das múltiples exhibicións que celebra diante da Casa do Concello de Sigüeiro, cando de forma inesperada os nosos chalupeiros pulverizaban o record de polyesters. A nova marca é de 29. Este momento pasará á historia da Taçirma do 8, do deporte mundial e quizais do planeta. Disfruten do vídeo, porque é POESÍA.

Debido á negociación dos dereitos televisivos, este vídeo non puido ser difundido ata agora; máis dun mes despois de ser filmado. A empresa Peri TV Company decidíu rachar co contrato en vigor e poder ensinar aos fans da T8 a mellor xogada de tódolos tempos. Antena 3, pretendía espremer ata o derradeiro céntimo de euro coa divulgación da Liga, pero a xa nombrada canle con sede na Barziela, logrou evitalo.

-Onde ver o que aconteza en Bilbo?

A tan só dous días do evento internacional do ano, a retrasmisión do mesmo está no aire. Nas últimas horas representantes da Liga Nacional de Taçirma do 8, da televisión pública galega (TVG) e vasca (ETB), así coma de Antena 3, véñense reunindo para solucionar os problemas. A única canle autorizada fica na internet, Peri TV Company retransmitirá en diferido o que aconteza ás portas do Guggenheim. O directo non se descarta que se ceda ao pago por visión (PPV), algo totalmente en contra aos valores da LNT8.