De seguido poñemos a túa disposición a esencia, as normas e a terminoloxía da Taçirma do 8 (T8):
-Que se precisa para xogar á T8?
Un único conxunto composto por un grupo de xogadores (os chamados chalupeiros), armados cada un cunha camisola (a chalupa) e un "manoxo" de chaves (o chavo do oito) para compartir entre todos os chalupeiros. O número de chalupeiros vai de 2 a 8 (facendo referencia ao nome deste magnífico deporte).
-En torno a que xira a T8?
A acción básica do xogo, polo cal se move éste, son os toques ou polyesters (pase do chavo do oito entre dous chalupeiros). Cada chalupeiro pode realizar dous polyesters consecutivos, sen que un compañeiro reciba o chavo (de chavo do oito). A esencia do xogo é realizar o maior número de polyesters sen que o chavo bata no chan; o equipo tratará de superar a súa mellor marca unha e outra vez.
-Con que se pode golpear o chavo?
Evidentemente coa chalupa (camisola), co pé (esto é un denominado frigopié) ou mesmo coa cabeza e a cara (non é o habitual por non ser agradable, xa que o ferro do chavo fai dano).
-Onde se xoga?
Pódese xogar en recinto pechado (o habitual en inverno e outono) ou ao aire libre (o habitual en verán e primavera). Tanto nun, coma no outro, o terreo de xogo denomínase plaqueta. As dimensións son infinitas e abstractas senón o evitan construcións ou obxetos (coma por exemplo unha parede).
-Cando remata o xogo?
O xogo remata cando o chavo cae ao chan, cando un chalupeiro fai un golpeo ilegal (remitirse á pregunta "Con que se pode golpear o chavo?" antes contestada) ou cando o chavo bate nunha construción ou nun obxeto (como por exemplo unha parede ou un coche). No caso de estar xogando en recinto pechado, o chavo pode petar no teito, pero considérase un rehúse e só se poden realizar tres por partida.
-Hai máis persoas que participan na T8 sen ser os chalupeiros?
Pode habelas, pero son totalmente prescindibles. O adestrador é coñecido coma oChé e encárgase dos trocos (Tutti-Frutti). A persoa que se adica a levar a conta dos polyesters é o Coleghiao (que pode ser un chalupeiro que non minta ou unha persoa allea).
-Clasificación segundo o número de polyesters:
5 polyesters: WACAMOLE
10 polyesters: FUUROOORRR
20 polyesters: YERAPA
50 polyesters: CHIHUAHUA
100 polyesters: JÁMIN-JÁMINA-JÁMINA
Exemplo: un conxunto fai dez pases (polyesters), pois entón realizou un "fuurooorrr".
-O resto de terminoloxía:
ZAS: xogando en recinto pechado, cando o chavo bate no teito. Aos tres ZAS unha mesma partida queda anulada a conta de polyesters. Un ZAS conleva a un rehúse.
CRASH: cando o chavo cae ao chan, rematando de forma automática coa partida. Esto é un neoloxismo arcaico (mira ti que paradoxa), é dicir, está en desuso.
TXAKARITA: erro, ben sexa unha xogada ilegal ou cando cae o chavo.
TORERO: xogador que realiza unha txakarita.
BATASUNA: xogada ilegalizada (coma por exemplo golpear de forma voluntaria coa man).
MASCAREÑAS: xesto de gran beleza. Consiste en calquera tipo de amago ou simplemente nun polyester legal que non sexa habitual.
LELO: cando un polyester dispárase moi lonxe de forma involuntaria, pero por acción dun chalupeiro.
FLUÍR: verbo empregado para describir o voo do chavo.
PALEAR: verbo que se utiliza para falar do acto de golpear o chavo coa chalupa.
TRACTOR DE 20 RULOS (Td20R): xogador que máis polyesters realiza durante a partida.
O ESPAÑOL: xogador que menos polyesters realiza durante a partida.
MANDULÁ: denominación similar a partida, "botar unha mandulá" é o mesmo que "botar unha partida".
ARRANCADEIRA: realízase coa man, é o denominado saque. Un chalupeiro lanza o chavo a un compañeiro para comezar o xogo.